“Tempo Catro” presenta no Festigal un disco arredor de “Cantares Gallegos”

Festigal

O grupo “Tempo Catro” presenta no Festigal o seu novo traballo “Rosalía de Castro: Os ollos que falan”, baseado en once cantares de Rosalía de Castro. 

Cun concerto no Festigal ás 17 horas o propio día 25 de xullo, o grupo “Tempo Catro” vai presentar o seu traballo musical arredor de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, un proxecto deseñado e promovido pola AS-PG. 
 
“Tempo Catro” gravará a fins de agosto as súas composicións para “Rosalía de Castro. Os ollos que falan”, un CD que está previsto que se distribúa nos comezos do outono. Trátase de once temas baseados en cantares da poeta que se musicalizan a proposta da AS-PG e a Sociedade Cultural Medulio de Ferrol. 
 
“Tempo Catro” está composto polos profesores do Conservatorio de Ferrol, Suso Iglesias e Andrés Pazos xunto con Antonio Romero e Pablo Salgueiro. Begoña Lorenzo pon voz aos versos de Rosalía neste disco que sumará un novo titulo e novos autores aos traballos musicais que se realizaron arredor da obra da nosa poeta.