AXENDA

Unha fin de semana para gozala

[Imaxe: Distrito Xermar] Miro Casabella

Primavera Jazz

Compostela

Diversos espazos

Até 12.5.2019

Nace o ciclo "Primavera Jazz", un festival de música no que participarán un total de 15 artistas con concertos na zona vella e no Ensanche de Compostela, até o 12 de maio. O groso das actuacións na cidade histórica realizaranse na praza da Quintana, mais tamén haberá concertos en espazos fechados. Xa nos días 11 e 12 de maio, o Primavera Jazz desprázase até o Ensanche, coa praza Roxa como epicentro do ciclo.

 

Encontro Minho-Galiza

Braga

Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva

9.5.2019

O IV Encontro Minho-Galiza realizar-se-á na quinta-feira 9 de maio em Braga, na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva. Durante esta jornada, a qual procura contribuir ao reencontro entre as duas margens do Minho, haverá debates sobre Literatura centrados na Poesia e a Música Popular do Minho e da Galiza.

 

Sementinhas

Pontevedra

Ponte das Correntes

10.5.2019

17.30h

Dentro do programa Maio mes da lingua, esta xincana familiar ábrese como unha actividade que xunta deporte e lingua, previa inscrición en sementepontevedra@gmail.com

 

Miro Casabella e Xocaloma en concerto

Carballo

Auditorio Pazo da Cultura

11.5.2019

20.00h

O cantautor Miro Casabella e Xocaloma cantan á memoria de Alfredo Brañas, "Alfredo Brañas, unha memoria viva", con motivo do 160º aniversario do nacemento deste fillo predilecto do concello.

 

XII Encontro escolar de xogos tradicionais

San Sadurniño

Arboreto galego da Cortiña

11.5.2019

10.30h

Unha xornada de entretemento ao redor dos enredos e xogos tradicionais, deporte, obradoiros, exposicións, demostración de artesáns para as crianzas aprenderen.

 

III Concurso de videopoemas

Outeiro de Rei

Casa-Museo Manuel María

11.5.2019

11.30h

Son once os videopoemas escollidos para se exhibiren nesta fase final da III edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María.

 

VIII Jornadas Galaico-Portuguesas de Pitões

Montalegre

Pitões das Júnias

11-12.5.2019

Ademais de celebrar a Festividade das Maias pelas ruas de Pitões, realizar um roteiro arqueológico por Vilar de Perdizes, falara-se da tradição lusitana e apresentara-se o livro de poemas e fotografia "Gritos na Penunbra" de Rui Barbosa.

 

Ummm

Ortigueira

Teatro da Beneficencia

11.5.2019

18.30h

Este Ummm, de Avento Producións Teatrais, é unha comedia musical dirixida ao público infantil de entre tres e sete anos, que mestura cancións, bailes e cores.

 

Magín Blanco

Ferrol

Teatro Jofre

12.5.2019

19.00h

“A nena e o grilo máis aló” é unha peza de teatro infantil de Magín Blanco, unha historia de aventuras divertida e evocadora.

 

A cidade, o Camiño e nós

Compostela

Paseo da Ferradura

Até 18.6.2019

O paseo da Ferradura, en Compostela, acolle até o 18 de xuño a exposición “A cidade, o Camiño e nós”, organizada pola Rede Galabra da USC e o concello. Trátase dunha mostra que xorde dun proxecto de investigación coa vontade de amosar as imaxes, as ideas, os discursos e as prácticas culturais construídas en relación a Compostela e aos Camiños de Santiago.