A VIII edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT de Carballo xa ten finalistas

Unha representación no FIOT nunha imaxe de arquivo. (Foto: FIOT Carballo).

O Certame Micro-Escenas M2 é unha iniciativa de teatro de proximidade,  a primeira creada na Galiza, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes.

A VIII edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT ten xa finalistas. O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo deu hoxe a coñecer os nomes dos espectáculos experimentais de pequeno formato que foron seleccionados polo seu xurado de profesionais das artes escénicas como finalistas do Certame Micro-Escenas M2, que poderán verse este outubro durante a celebración da 33º edición do FIOT.

Entre as 44 propostas recibidas, as 6 pezas seleccionadas (das cales, 4 serán estreas absolutas) son: Respira, de Sempre Arriba; Cronopios a escena, de Carmen Domech; Rebel Rebe, de Vórtice Escénico; Wasteland, de Vaiembora; Teño un caravel no peito, de Aviva-lo; e Panos de Vinaghre, de Artesa Cía.

O Certame Micro-Escenas M2 é unha iniciativa de teatro de proximidade, primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes. As propostas finalistas neste 2024 poderán verse en espazos non convencionais e singulares de Carballo durante as fines de semana do #FIOT33: no gabinete Orixe Centro de Psicoloxía, no espazo cultural Espiral Maior Foro, na tenda de roupa Akira, na Fonte da Cristina, no estudo de deseño gráfico Ouvea Creatividade Gráfica e no Mercado Municipal.

Estas pezas finalistas do VIII Certame Micro-Escenas M2 recibirán unha compensación económica de 450 euros, ademais de optar, durante a celebración do FIOT, aos galardóns de Mellor Espectáculo e Mellor Interpretación, recoñecementos que outorgará o público fioteiro finalizado o evento e que suporán outro premio de 150 euros en cada caso.