O Resurrection trae a Viveiro a Turbonegro, NOFX, GBH, Kreator e 30 bandas máis

A novena edición dun dos mellores festivais do mundo de Harcore-punk e metal encherá A Mariña do 31 de xullo a 2 de agosto coa forza de máis de 30 grupos. Entre eles, verdadeiras lendas. 

Duplo bombo, distorsión, ruído, velocidade. Con estes ingredientes non sempre sae o mesmo produto. Depende de como se combinen ou de se se prescinde dalgún deles, de reforzar outros... Mais no Resurrection Fest de Viveiro, que neste 2014 chega á súa 9 edición, van estar todos os produtos musicais posíbeis que saian desa combinación, Desde o máis, por dicilo así, 'light', para que bailen os e as curiosas que caerán pola Mariña polo nome e renome do mellor festival europeo de hardcore-punk-metal (NOFX). Até os máis duros de dixerir. Eses que xa o primeiro acorde é unha patada na boca doe stómago.

Turbonegro, Sick Of It All, Discharge, Testament, Down, Real McKenzies.. o cartaz é do melloriño que se pode atopar nun festival destas características a nivel internacional

Así pois, o Resusrrection volve, máis unha vez, logralo: traer unha trintena de bandas e grupos de diferentes países para conformar un cartaz insuperábel. Desde Turbonegro (o combo clásico do punk rock desde Noruega) até NOFX (californianos. Punkis eternamente adolescentes), pasando por Testament (dos grupos máis 'famosos' no trash metal). Hai moito máis claro: Real McKenzies, Kreator, Down, Lookinkd for an Answer... e así até 30

E hai grandes lendas do punk e do hardcore. Un exemplo, os Sick of It All, que xa estiveron nesta festival hai uns anos. O Harcore ianqui dos 80 e 90 débelles máis do que se cre. Grandes.

Para poder dicir que os viches

Tamén recalarán en Viveiro 2 nomes da enciclopedia punk: GBH e Discharge. Os primeiros levan desde comezos dos 80 marcando rumo. Sick Boy, Time Bomb, race against time... son clásicos.

En canto a Discharge, os de Stoke-on-Trent foron do hardcore-punk até o D-Beat, xénero sen oq ue non habería nin grindocore nin crust. Nos seus inicios, im`prescindíbeis. Con Crass, vangarda político-musical do anarquismo insurreccionalista. Case nada.

Mais o cartaz do Resurrection ten moitisimos máis nomes e referencias actuais. De estilos variados, tendencias difeferentes e actuacións heteroxéneas. Todas, lembren, cos ingredienets sabidos: ruído, velocidade, distorsión.