Xosé A. Neira Cruz recibe o XI Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro

O escritor Xosé A. Neira Cruz (Foto: Deputación da Coruña).
O autor conta con máis de 30 obras no seu historial e galardóns como premios Barriga Verde e Manuel María de Teatro, o Premio Repsol de Narrativa en 2017, o Premio Ánxel Fole de Narrativa do Concello de Lugo en 2019 e o Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil do Concello da Pobra do Caramiñal, en 2019 e en 2021.

O xornalista, escritor e profesor Xosé A. Neira Cruz recibiu o XI Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro pola súa obra Caderno de camiño, nun acto decorrido esta terza feira en Negreira.

A obra gañadora consta de 51 poemas distribuídos en seis capítulos, baixo os títulos de 'Subida polos anos', 'Un pestanexo do inverno', 'Parada non medio do trebón', 'Aprender a ulir a chuvia', 'Polo arame dun raio de sol' e 'Arrastrando séculos sumados'.

O autor

O autor conta con máis de 30 obras no seu historial e galardóns como premios Barriga Verde e Manuel María de Teatro, o Premio Repsol de Narrativa en 2017, o Premio Ánxel Fole de Narrativa do Concello de Lugo en 2019 e o Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil do Concello da Pobra do Caramiñal, en 2019 e en 2021.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lourenzo, destacou que este recoñecemento "leva máis dunha década premiando a abundante e de gran calidade de creación poética feita na Galiza". Ademais, sinalou ao autor polo seu "excelente traballo e a súa ampla bagaxe literaria".

Próxima edición

Por outra parte, no acto de entrega informouse da próxima convocatoria da edición XII Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que terá prazo para a presentación das obras desde xullo a decembro deste ano.

Neste concurso, poderán participar obras poéticas escritas en lingua galega, orixinais e inéditas, cunha extensión de entre 350 e 700 versos como máximo.