Cal fai historia para o olimpismo galego

David Cal, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
Ten cinco medallas e xa é unha lenda no deporte galego. Antes de Londres conseguira metais en Atenas e Pekín.

O lago Dorney viviu unha xornada histórica para o olimpismo galego. Nunha proba onde a estratexia é esencial o deportista de Cangas fixo o máis dificil: remontar en 250 metros catro posicións por diante de rivais de categoría, os mellores do mundo.

Curioso foi escoitar a retrasmisión por parte d@s comentaristas dos medios de comunicación españois desde o comezo. Só lle faltou superar ao alemán Sebastian Brendel para chegar a bicar o ouro. Moveuse entre o quinto e o sexto lugar ao longo de toda a proba polo que a medalla só estaba na súa cabeza e ao final nas súas mans. Rematada a proba recibiuno a súa irmá e a súa compañeira, a festa galega estaba na casa familiar de Hío.

Moveuse entre o quinto e o sexto lugar ao longo de toda a proba polo que a medalla só estaba na súa cabeza

A biografía dun campión
David Cal naceu en Cangas do Morrazo en 1982. Con oito anos iniciouse no Club de Mar Ría de Aldán e adestrou logo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva Pontevedra. Aínda novo coñeceu ao que sería o seu adestrador oficial até hoxe, Suso Morlán. Especializouse primeiro en no C-1 500 metros e logo no C-1 1.000 metros. Comezaron os éxitos acadando o Campionato do mundo (Duisburgo, 2007) e o olímpico con dúas medallas: a de ouro e a de prata (Atenas, 2004). Nos Xogos Olímpicos en Pekín 2008 volveu a participar en C-1 500 metros e en C-1 1.000 metros e gañou a prata nas dúas probas, sumando así catro metais. Coa prata acadada en Londres Cal converterse no primeiro deportista do Estado español en colgarse cinco medallas olímpicas.