O Celta conquista un punto de ouro no seu retorno a Europa

Imaxe: Celta de Vigo

Os celestes deixaron fronte ao Standard Liège unha imaxe pobre, cun fútbol sen intensidade e frouxo en defensa.

 

Non foi como para botar foguetes o retorno do Celta a competicións europeas unha década despois. Un fútbol afastado do que enganchou e encandilou a semana pasada, con escasa intensidade e con dúbidas en defensa. Porén todas estas eivas, os celestes foron quen de remontar, empatar e conquistaron un punto de ouro.

Ao campo saíu un Celta con 5 novidades a respeito da escadra que se enfrontou ao Atlético de Madrid e no que se deu oportunidade a xogadores que, hai uns meses, estaban xogando en Segunda División. Un deles, Lemos, amosou gañas e empuxe, xogando con atrevemento.

Dossevi marcou para o Liége garazas a un erro encadeado na defensa céltica. Un tanto madrugador e que si que afectou ao Celta, que non atopou o ritmo e capacidade de reaccionar. Mais non se veu abaixo. Unha cousa é xogar sen intensidade e outra renderse. O gol de Giuseppe Rossi, para alén de dar o empate, semella que acordou o Celta, que a piques estivo de volver marcar cun disparo do italiano. O Liége gozou de boas oprtunidades nas botas de Raman. Tamén o Celta, con dous remates de cabeza de 'Tucu' Hernández na segunda parte non viron porta por pouco.