O Celta deixa escapar tres puntos no Calderón

Imaxe: La Liga

En dous minutos sobre a bucina o Atlético dálle a volta ao marcador e gaña un partido disputado (3-2)

O Celta chegaba ao Calderón disposto a borrar o mal sabor da eliminación de Copa. Un rival de caza maior, como o Atlético, era o reto que os celestes precisaban para superar o golpe recibido en Mendizorroza. Por iso o Celta saíu intenso e enchufado ao campo, disposto a facer esquecer non só a derrota contra o Alavés senón tamén o mal xogo, a renuncia ao seu estilo que fixeron ese día. Os celestes despregaron no Calderón o seu xogo habitual, indo a pola pelota, procurando o control. No minuto seis Cabral marcaba o primeiro gol para o Celta e pouco despois empataba Torres. Mais o equipo galego non se puña nervioso.

Ambos os dous, Celta e Atlético, xogaron con intensidade, ambos os dous quixeron a pelota. Foi un partido aberto e intenso no que os celestes por momentos recuperaron o seu estilo de marabilla. Cando o partido emproaba o seu tramo final, Guidetti adiantaba o Celta no que semellaba premio a un equipo que volvera apostar no seu estilo.

Mais fútbol é fútbol. O partido semellaba controlado e sen maiores perigos. Moi mal se tiña que dar para non puntuar no Calderón debían pensar os celtistas... e viñeiros dous minutos que condenaron o Celta. Case sobre a bucina, goles para enmarcar de Carrasco e Griezmann e vitoria para o Atlético. Máis unha vez, o equipo galego encaixaba no último tramo de partido. Xa leva recibidos 14 goles nos últimos quince minutos de partido no que va de Liga.

Ficha técnica

Atlético (3): Moyá, Juanfran (Vrsaljko, min.46), Savic, Lucas, Filipe, Gabi, Saúl (Correa, min.72), Koke, Carrasco, Griezmann, Torres (Gameiro, min.76).

Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Jozabed (Wass, min.64), Iago Aspas (Marcelo Díaz, min.85), Sisto (Bongonda, min.70), Guidetti.

Árbitro: Hernández Hernández, do comité das Palmas. Amoestou Gabi (Atlético); Jonny e Guidetti (Celta).

Goles: Cabral, 0-1, min.6; Torres, 1-1, min.10; Guidetti, 1-2, min. 78; Carrasco, 2-2, min.86; Griezmann, 3-2, min.88.