O Celta empata co Ajax e mantense invicto en Europa

Imaxe: RC Celta

Dous golazos de Fontás e Orellana culimaron a remontada céltica perante uns holandeses que souberon sacar petróleo dos erros dos galegos.

Era un partido que xeraba expectación, o Celta de Berizzo contra a escola holandesa do Ajax, dous estilos definidos e agradábeis á vista e sabor do fútbol. Quizáss o encontro non colmase expectativas mais si que foi intenso, por momentos eléctrico, e sempre emocionante. Adiantouse o Ajax en dúas ocasións e nas dúas o Celta foi quen de reaxer e empatar con dous soberbios golazos.

Berizzo apostou nunha equipa que rachou previsións e que a máis de un lles pareceu bem arriscada para facer fronte a un clube como o Ajax. Os elestes saíron ao campo fieis á súa filosofía de posuír a bola. E tivérona, mais non tiveron a súa mellor tarde, Faltoulles claridade e meter un chisco máis de ritmo ao partido, esa velocidade que acae tan bem ao estilo que imprime Toto Berizo. O Ajax foi quen de saber aproveitar as oportunidades e así logrou meter dous goles.

O Celta continúa invicto en Europa após o punto logrado contrao Ajax, que sabe mellor aínda despois do empate do Panathinaikós, e é segundo na 'liguiña' europea particular, tras os holandeses. Aspiran a todo os celestes.

Cartón vermello da afección á UEFA por vetar o tríscele

O veto da UEFA ao tríscele do Celta, que provoca que a equipa celeste xogue sen este símbolo na camisola nas competicións europeas, foi denunciada no partido pola afección galega. Varias peñas celtista repartiron nas previas do encontro uns 8.000 cartóns vermellos coa imaxe do símbolo celta e a lenda en castelán “Este tríscele, celta é”.

Ficha técnica

CELTA (2): Rubén, Lemos (Orellana, min.62), Roncaglia, Fontàs, Sergi Gómez, Planas, Radoja, Pablo Hernández (Wass, min.76), Señé, Sisto, Guidetti (Rossi, min.72).

AJAX (0): Onana, Veltman, Sánchez, Viergever, Sinkgraven, Klaasen, Ziyech (Bazoer, min.77), Gudelj, Traoré, Dolberg, Younes (Casierra, min.77).

Goles: Ziyech, min.21, 0-1; Fontàs, min.30, 1-1; Younes, min.71, 1-2; Orellana, min.82, 2-2.

Árbitro: Iván Kruzliak, de Eslovenia. Amonestou a Sánchez, Gudelj, Veltman (Ajax); Planas (Celta).

Imaxe cartón co tríscele: @moiceleste