París 2024 | Skateboarding

A coruñesa Julia Benedetti queda fóra da final de park

A 'skater' coruñesa Julia Benedetti, esta terza feira. (Foto: COE)
Benedetti leva dous Xogos Olímpicos con só 19 anos.

Rematou a segunda aventura olímpica da skater coruñesa Julia Benedetti. Esta terza feira non conseguiu superar a fase clasificatoria para meterse entre as oito que loitarán pola tarde por unha medalla na gran final da modalidade park de skateboarding e rematou décimo sétima -hai tres anos, en Toquio, foi décimo sexta-.

Benedetti caeu hoxe nos dous primeiros intentos e bordouno no terceiro, se ben os xuíces apenas lle deron unha puntuación de 70,27, doce puntos menos que os necesarios para meterse na final. Con todo, a coruñesa de 19 anos, que xa admitía vir con baixas expectativas, quedou satisfeita coa súa actuación na terceira quenda.