0-1

O Dépor asina en Gijón unha importante vitoria ante un rival directo

A chegada de Pepe Mel ao banco do Deportivo está a resultar un revulsivo para o equipo branquiazul, que venceu este domingo no Molinón (0-1). Unha vitoria que vale máis de tres puntos, pois o Sporting é rival directo.

Aínda que os primeiros minutos do partido foron de dominio do Sporting, o Dépor tivo a oportunidade abrir o marcador cun penalti ao seu favor, após Vesga tocara o balón coa man. Emre Çolak foi o encargado de tratar de materializar a pena máxima, mais Cuéllar paraba o esférico.

O Dépor resarciuse do penal falido no tempo de compensación da primeira parte cando, tras un saque de esquina, Mosquea cabeceou o balón ao fondo das mallas á altura do segundo pau.

Na segunda parte, o cadro local reaxiu e tratou de igualar o partido. A actuación de Germán Lux evitou o empate. A parada máis brillante tivo lugar no 82, cando Traoré, só ante o porteiro do Dépor, viu como unha man do arxentino impedía subir o tanto ao marcador.

Con esta vitoria, os coruñeses rompen a marca de oito partidos sen gañar e continúan de décimo sétimos na táboa –con 23 puntos e un partido menos-.

Real Sporting de Gijón: Cuéllar, Douglas (Čop, min. 75), Meré, Amorebieta, Canella, Vesga, Sergio Álvarez, Carmona, Moi Gómez (Víctor Rodríguez, min. 14) (Carlos Castro, min. 66), Burgui e Lacina Traoré.

RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Borges, Pedro Mosquera, Fayçal Fajr, Emre Çolak (Carles Gil, min. 57), Luisinho (Ola John, min. 85) e Andone (Joselu, min. 66).

Gol: 0-1 Pedro Mosquera (min. 45+1).

Árbitro: Mateu Lahoz (c. valenciano). Tarxeta amarela a Douglas (min. 45), Fernando Navarro (min. 45+4), Arribas (min. 53), Pedro Mosquera (min. 59), Meré (min. 71), Vesga (min. 72), Carles Gil (min. 88), Canella (min. 88) e Luisinho (min. 88).