O Dépor descobre Emre Çolak, mais os tres pontos voan de Riazor

Un lance do xogo

O Dépor non tiña quen dese o último pase, quen puxese temple ao xogo, e xa o ten. Descubriuno esta quinta feira sobre o céspede de Riazor. É un futbolista turco. Mais a súa aparición non abondou.

Dous puñais ofensivos sucesivos do Leganés -minutos 55 e 61- bastaron para esfarelar o edificio táctico levantado desde o banco por Gaizka Garitano. A partir daí, o partido literalmente morreu. Ao Leganés foille máis que suficiente manter a orde defensiva e enlamar o xogo, con constantes interrupcións. Antes daí, o Dépor foi dono e señor da contenda, marcou un grande gol -combinación tiqui-taca estilo FCB- e sobre todo descubriu un futbolista que, si, non ten pulmón, mais si grande talento para a asociación e para o máis difícil neste deporte, achar un oco entre o bosque das pernas rivais, alí onde o resto non ve nada.

PD: Debutou Ryan Babel. Apenas entrou en xogo. E Andone continúa sendo o que foi durante estes cinco primeiros episodios ligueiros: un loitador sen sorte.

Deportivo: Lux; Juanfran, Albentosa, Arribas, Luisinho (Fayçal Fajr, min.81); Borges, Mosquera; Bruno Gama (Borja Valle, min.81), Çolak, Marlos Moreno (Ryan Babel, min.66); e Florin Andone.

Leganés: Serantes; Bustinza (Víctor Díaz, min.33), Medjani, Mantovani, Diego Rico; Omar Ramos, Rubén Pérez, Timor, Szymanowski (Adrián Marín, min.91); Gabriel e Luciano (Koné, min.86).

Goles: 1-0, min.31: Borges. 1-1, min.55: Luciano. 1-2, min.61: Gabriel.

Árbitro: Undiano Mallenco, do colexio navarro. Amosou cartón amarelo a Luciano (min.17) e Rubén Pérez (min.59), por parte do Leganés.