O Dépor tomba o Sporting na recta final

Imaxe: La Liga

Un disparo raso de Ryan Babel lambendo o pau deulle o triunfo aos deportivistas fronte aos asturianos (2-1).

“Tiñamos que gañar, polo civil ou polo criminal, e fixémolo xogando ben” dixo Gaizka Garitano na súa comparecencia unha vez finalizado o partido no que o Deportivo se impuxo ao Sporting de Xixón por 2 goles a 1. O adestrador deportivista era consciente do importante de gañar este partido, e dar así un golpe sobre a mesa antes do parón obrigado polas citas da selección española e tras o cal lle espera un calendario exixente.

O gol de Ryan no derradeiro suspiro de partido, minuto 89, dun tiro raso pegado ao pau deulle os 3 puntos a un Deportivo que dominou a bola e o espazo mais ao que lle faltaba ese último pase. O equipo medrou en torno a Emre Çolak, a máis en cada partido, pero non era quen de fiar esa xogada final. Tivo oportunidades, mais estas bateron con Pichu Cuellar, cunha tarde de boas intervencións. O Sporting plantou cara, mais esqueceuse da portería rival.

Celso Borges marcou para os coruñeses no minuto 34 o primeiro gol do partido. Así se chegou ao descando. Na segunda metade, Sergio empatou para os asturianos no minuto 65. Mais o Dépor continuou insistindo e tivo premio, na recta final do encontro co tanto marcado por Babel.