Dúas pratas para o deporte galego
Tras dez días de celebración deportiva, o Campeonato de Europa de Triatlón Multideporte que se celebrou en Bilbo pechou cun outro éxito para o atletismo galego.
Na categoría masculina de acuatlón, o atleta pontevedrés Cristian Fernández, tras proclamarse campión do mundo en grupos de idade en Pontevedra, colgou a medalla de prata sendo superado soamente por un dos grandes da especialidade, o británico Christopher Perham. O italiano Nicolo Ragazzo fíxose co bronce.
Foi unha proba moi rápida que comezou co segmento de natación onde aguantou no grupo de cabeza a seis segundos do primeiro.
Fernández iniciou en sétima posición o tramo a pé, pero chegou mesmo a estar na cabeza, facendo o mellor parcial a pé da proba.
Con todo, a pesar dos bos números, nos últimos metros foi o inglés o que fixo un pequeno sprint que lle permitiu colgarse o metal de ouro por só dous segundos de diferenza.
Prata en remo
Por outra parte o moañés Rodrigo Conde conseguiu a medalla de prata no Campionato do Mundo de remo que se celebrou esta semana na República Checa.
Xunto ao catalán Aleix García, finalizou en segunda posición a proba de dobre scull. Francia foi primeira e Australia completou o podio, con tempos moi axustados.
Conde e García xa se proclamaran subcampións de Europa a mediados de agosto, superados soamente pola parella case mítica desta modalidade composta polos irmáns Martin e Valent SinKovic, de Croacia, que tiveron que esforzarse para superar á parella galego-catalá.