E o vencedor da Liga Nacional Inglesa de fútbol sala foi ....Galiza!

Baku United

O Baku United, con adestrador e varios xogadores galegos, proclamouse campión, desbancando ao poderoso Helvecia

O Baku United naceu en 2008, da man da organización Odlar Yurdu, unha entidade creada no seu día por estudantes azerbaiáns en Londres. Nestes anos foi facéndose un oco entre os clubes ingleses de fútbol sala. E agora, adestrado por un galego (Daniel Ladra) e con xogadores do noso país, vén de ser o campión de Inglaterra deste deporte, segundo informa o espazo nas redes Galego en Londres.

Esta vitoria levará ao Baku a representar a Inglaterra no campionato da Uefa desta modalidade. Entre os xogadores galegos nas fileiras deste equipo están os viveirenses Adrián Yáñez e Bruno Girón, entre outros