Esta fin de semana comeza a nova tempada da Liga Galega de Billarda

O Campo de Billarda de Nantes coa liga en marcha (Foto: LNB).
A competición constará de dezaoito xornadas.

Xa está todo a punto para comezar a voar as billardas e que comece unha nova tempada da Liga Galega de Billarda (Ligal) na Galiza. A competición volve estar distribuída en dúas Conferencias co obxectivo de gañar o Título que se disputará na Fase Final o último sábado de xuño de 2025.

Liga Rías Baixas

A primeira estación será hoxe no Grove (O Salnés), no campo de fútbol Monte da Vila dentro da Conferencia Rías Baixas. A do sur constará de 18 xornadas que decorrerán 12 concellos das Comarcas de Vigo, Pontevedra, O Morrazo e O Salnés. En total serán un total de seis equipos os que loiten polo título.

Nesta Conferencia das Rías Baixas, Gharaboto parte de novo como gran favorito para rivalidar o galardón da tempada pasada. Corredoiras e Lúa de Forza parecen as outras opcións para ocupar o podio. Non obstante, Valpaços rematou moi forte e ten posibilidades despois dos reforzos deste ano para conseguir achegarse aos tres grandes da categoría. Armadiña, Rinoceronte e Paquete Pinchas, equipos máis modestos, tampouco deixarán de loitar.

Liga Noroeste

Na Conferenca Noroeste, pola súa parte, tamén a disputar en 18 xornadas, competirán oito equipos. Viaxarán por 13 concellos das comarcas comarcas da Coruña, Bergantiños, Ordes, Terra de Soneira, Ferrolterra, Eume e Terra Chá. Comezará en Pastoriza, Arteixo (comarca da Coruña).

En relación aso equipos, Campo da Feira terá un rival de altura esta temporada nas Panteiras de Cerceda, que o ano pasado deron a sorpresa na Fase Final levándose o Título. 

Ao mesmo tempo, a Canariña da Terra Chá, Billarda Río Miño, como actual campión galego por equipos, tamén opta a discutirlle o Título ao equipo da Feira, dominador absoluto do Noroeste. APB A Laracha, o único equipo que lle que quitou un título ao equipo de Paiosaco na tempada 2022-23, xa non ten o mesmo nivel. Aínda así, se consegue xuntar á mocidade cos membros máis consagrados para primeira xornadas, o equipo larachés será capaz de estar moi arriba na xeral. Os demais equipos, segundo apuntan algunhas fontes, farán o que poidan ou máis por rematar en condicións esta tempada.