París 2024

A galega Alicia Fernández cae da lista da selección de balonmán por lesión

A xogadora Alicia Fernández. (Foto: RFEBM)
A estrea do deporte galego nos Xogos Olímpicos terá que agardar até o sábado.

A estrea do deporte galego terá que agardar até o sábado. A selección española feminina de balonmán debuta esta quinta feira (14 horas) contra Brasil, mais finalmente non estará na cancha a valdoviñesa Alicia Fernández, que xa era dúbida antes de viaxar a París por lesión.

Após consultar os servizos médicos sa selección, o equipo dirixido por Ambros Martín decidiu que a madrileña Carmen Campos ocupe o lugar da central galega para medirse ás brasileiras. Fernández, con todo, podería reincorporarse máis adiante se supera as súas molestias.

Malia estar mancada, a valdoviñesa quixo permanecer unida ao grupo e acompañou o equipo nos seus partidos de preparación antes de pór rumbo á capital francesa. E tras catro días de adestramentos na capital francesa o persoal médico optou por reservala mentres ultima a súa recuperación.