Galiza queda terceira no torneo de seleccións de Torrevella

A copa do terceiro posto no torneo
A selección galega de rugby feminino impúxose a Euskadi (38-10) no Torneo de seleccións que se xogou esta fin de semana en Torrevella (Alacant). É o segundo mellor resultado da súa historia. A campioa foi Madrid e o segundo posto levouno Catalunya.

 

O rugby feminino galego está no podio. Após un torneo difícil e con moito nivel, as seleccións de Catalunya e Madrid dominaron nos seus partidos, Galiza quedou entre as tres mellores do Estado español. "Agardabamos chegar á final e costounos moito quedar en terceiro lugar", asegura a capitana do equipo, Ana Rodrigo Vidal. 

O terceiro posto foi nun complicado encontro contra Euskadi no que as galegas saíron con forza aínda que "un pouco nercviosas" como recoñece a capitana. "Tíñamos moita tensión ao principio mais a dianteira xogou moi ben, recuperando balóns e marcando, polo que ao principio collimos unha grande vantaxe". Na primeira parte as galegas pasaron dúas veces pola zona de ensaio deixando o marcador en 14-0. No segundo tempo Galiza foi a polo partido con tres ensaios. 

O xogo igualouse cara o final cunha selección de Euskadi que recuperou folgos e tivo o seu mellor momento. "Tivemos unha liña moi rápida que conseguiu todos os ensaios polo que elas". Co control do partido o resultado final foi xusto e rematou cun 38 a 10 a favor das galegas.

A final do torneo a Madrid como campioa e a Catalunya como segunda clasificada.