Jessica Bouzas bate a vixente campiona de Wimbledon nunha fazaña histórica
'Histórico: Relativo ou pertenente á historia. Que é real e non imaxinado. Digno de ser recordado'. Todas as acepción da palabra incluídas no dicionario da Real Academia Galega definen perfectamente a fazaña realizada por Jessica Bouzas na primeira rolda de Wimbledon durante a xornada de onte, pois a tenista de Vilagarcía de Arousa debutou no torneo derrotando a número 6 do mundo e vixente campioa, Markéta Vondroušová.
Disputado na pista central do All England Club, Bouzas superou a checa por un resultado de 6-4 e 6-2, que non tivo ningunha opción ante a galega de 21 anos, actual 83 no ránking da WTA. "Estou moi feliz agora mesmo, este é un dos momentos máis importantes da miña carreira e da miña vida, moitas grazas", manifestou ao final do xogo ante un público entregado.