Jéssica Bouzas, fóra do Open de Australia
Épico final a até o de agora inmaculada traxectoria de Jéssica Bouzas no Open de Australia. Tras superar as dúas roldas iniciais, a tenista galega tiña por diante un último obstáculo para coarse no cadro principal do primeiro Grand Slam do ano, a sensación checa de 15 anos Brenda Fruhvirtova, pero non houbo sorte.
A pesar de dar todo sobre a pista dura non conseguiu superar un dos nomes máis prometedores do tenis mundial e perdeu unha maratón tenística que se estendeu por case tres horas por 6-3, 6-7 e 3-6.
A de Vilagarcía gañou o primeiro set e tivo opcións de fechar o encontro no segundo, pero Fruhvirtova fixo alarde de resiliencia e deixou Jéssica Bouzas ás portas de facer realidade o seu soño de competir na Rod Laver Arena, a pista central do Melbourne Park.