XOGOS

Madrid volve gastar millóns de euros públicos nunha derrota olímpica

Madrid

A candidatura que avalaba o goberno, a monarquía e outras elites fracasou na presentación ante o COI e foi a primeira eliminada das tres cidades que se presentaron para organizar os Xogos de 2020, que serán en Toquio.

Coas autoridades amosando na súa presentación ante as delegacións do Comité Olímpico Internacional (COI) un nivel de inglés ridículo ou ofrecendo cifras contraditorias na mesma frase, baixo a sombra do desemprego e a corrupción e tamén a da dopaxe, ademais dunha importante oposición cidadá, a candidatura de Madrid para organizar os Xogos Olímpicos de 2020 foi eliminada na primeira votación, quedando así descartada malia que desde España se apuntaba que era a favorita para gañar a elección.

É a terceira vez que Madrid fracasa no seu intento de ser cidade olímpica, xerando todas os intentos grandes gastos públicos, de millóns de euros. A candidatura estivo avalada polo goberno en pleno, coa presidente Mariano Rajoy presente en Bos Aires, onde se celebra a elección -tamén pola monarquía, falou o príncipe Felipe- así como diversas elites, que vían nos Xogos unha posibilidade de negocio.

Toquio acollerá os Xogos de 2020 xa que venceu na votación final a Istambul.