París 2024 | Natación

María de Valdés, décimo sétima, queda sen diploma na maratón de augas abertas

A nadadora andaluza afincada na Coruña e con licenza galega María de Valdés, esta quinta feira, antes de se somerxer no Sena. (Foto: RTVE)
A nadadora andaluza con licenza galega e afincada na Coruña rematou a tres minutos e medio da vencedora, Van Rouwendaal, quen lle quitara o ouro mundial por centésimas.

Estes eran os primeiros Xogos Olímpicos de María de Valdés, nadadora natural de Fuengirola (Andalucía) pero con licenza galega e afincada na Coruña desde hai anos, e malia ser consciente da dificultade, non se puña teito e buscaba volver de París cun diploma baixo o brazo. De Valdés chegaba co cartel de subcampioa mundial -por centésimas- e disposta a dalo todo nas controvertidas augas do río Sena.

Máis hoxe non foi o día. A neerlandesa Sharon van Rouwendaal —que xa lle 'roubara' o ouro no Mundial a María de Valdés—, a australiana Moesha Johnson e a italiana Ginevra Taddeucci empezaron a distanciarse cedo do grupo e, de feito, foron quen acabaron subindo ao podio, por esa orde. A nadadora da Coruña non puido aguantar o ritmo do grupo de líderes e foi quedando rezagada. Terminou cruzando a meta na décimo sétima posición a uns tres minutos e medio da vencedora.