París 2024 | Judo

O judoka Niko Sherazadishvili queda ás portas do bronce

O judoka Niko Sherazadishvili meteuse na final polo bronce logo de derrotar na repesca o vixente campión olímpico, o xaponés Aaron Wolf. (Foto: Sina Schuldt / DPA vía Europa Press)
Shera caeu no combate polo bronce na categoría -100 kg ante o uzbeko Muzaffarbek Turoboyev, que gañou por ippon.
O judoka vigués de orixe xeorxiana Nikoloz Sherazadishvili soubo reporse da derrota en cuartos ante o suízo Daniel Eich cun meritorio triunfo na rolda de repesca ante nada menos que ao vixente campión olímpico da súa categoría (-100 kg), o xaponés Aaron Wolf. Ese triunfo devolveulle a posibilidade de subir ao podio cun bronce que tería que arrebatarlle ao uzbeko Muzaffarbek Turoboyev, campión mundial en 2022. Mais Turoboyev estivo máis certeiro e conseguiu o metal por ippon.