O fútbol galego cara á Primeira

Celta e Nástic en Balaídos
O Depor pode durmir hoxe en primeira se o Valladolid perde diante do Recre (22 horas) e o Celta segue o camiño cara á primeira división.

O Deportivo derrotou o Nastic cun gol de Xisco no desconto e esquece as pantasmas dos maos resultados doutras tempadas. Segue lider na categoría con 85 puntos, acada 27 vitorias (récord na Liga Adelante) e será campión de Liga se gañar ao Huesca o vindeiro domingo en Riazor.
O partido diante do Nástic comezou con forte dominio local que rematou en gol co tanto de Xisco Campos no minuto 12.  Aínda que o Depor non facía o seu mellor xogo chegou o empate dos de Tarragona cun gol de Bruno Gama cun tiro cruzado e raso lonxe do meta catalán. As lesións neste final de campionato pasaron factura ao Coruña e Zé Castro e Valerón foron as súas vítimas. Aínda así o Depor tivo varias oportunidades na segunda metade que non se materializaron até o tempo de desconto co tanto de Xisco no minuto 92 de partido.

Ficha técnica:
Nastic: Ruben P., Rodri, Seoane, Moran, Longas, Mairata, Dani Abalo (Alvaro Rey, min. 71), Raul Fuster, Tuni (Peragon, min. 50), Xisco Campos y Ruz.

Deportivo: Aranzubia, Manuel Pablo, Colotto, Ze Castro (Borja, min. 37), Morel, Alex (min. 77, Xisco), Juan Dominguez, Guardado, Bruno Gama, Valeron (Riki, min. 46) y Lassad.

Arbitro: Jose Maria Sanchez Martinez, do Colexio Murciano.  
Campo: Nou Estadi

Un celta heroico continúa soñando coa Primeira
Se hai maneiras de primeira a resposta de onte do Celta de Vigo diante do Xerez é unha delas. Non hai rival doado e o Xerez non o foi. Comezou o partido cunha presión constante que rematou aos sete minutos cun penalti e vermello para Sergio, porteiro celeste. Co tanto de Mendoza e cun xogador menos no campo, o celtiña sacou a súa verdadeira caste e aos 27 minutos cunha xogada de Toni, con pase final a Iago Aspas, conseguiu empatar o partido.
Xa na segunda parte unha xogada de Toni rematou cun penalti a Orellana que Iago Aspas transformou en gol. Comezaba a remontada. Cuns seareiros e siareiras entregad@s o celta sentenciou o partido cun gol de Álex López cando faltaban nove minutos para o final e aínda marcou outro Orellana, tras un gran pase de Hugo Mallo.

Ficha técnica:
Celta: Sergio; Hugo Mallo, Oier, Túñez, Roberto Lago (Bellvís, min.70), Oubiña, Alex López; Toni, Bermejo (Yoel, min.8), Orellana e Iago Aspas (Natxo Insa, min.75).

Xerez: Toni Lechuga, Campano, Calahorro, Lombán (Capdevila, min.77), Mendoza, Rafa García, Cordeiro (Roda, min.36), Israel, Maldonado, Tato e José Mari (Toni Doblas, min.50).

Árbitro: Arcediago Monescillo, do comité castelán-manchego.  
Campo: Balaídos

Foto: Diego Pérez