París 2024

Ponte a proba: canto sabes da historia da Galiza nos Xogos Olímpicos?

Os aneis olímpicos en París. (Foto: Sina Schuldt / DPA vía Europa Press)
Canto sabemos realmente do olimpismo galego? Examina os teus coñecementos no noso test olímpico.

Galiza é unha potencia olímpica en constante crecemento. Nos Xogos de Toquio, en 2021, Galiza bateu todos os seus rexistros históricos ao levantar nada menos que seis medallas da man de até sete medallistas —catro pratas, unha delas nun deporte de equipo como é o fútbol masculino, e tres bronces, un en balonmán masculino—.

En París 2024 Galiza quere superarse. E abofé que ten opcións de logralo, pois parte coa representación máis grande da súa historia: unha trintena de deportistas. Pero para chegar aquí houbo que percorrer un longo camiño que iniciaron os futbolistas galegos Moncho Gil, Ramón González e Luís Otero en Amberes 1920, onde deron o primeiro metal ao país na que foi tamén a súa estrea olímpica.

Marta Bobo, Támara Echegoyen, David Cal, Teresa Portela... son moitos os nomes que se nos veñen á cabeza cando falamos do prolífico olimpismo galego. Mais... canto sabemos deles e delas realmente? Pon a proba os teus coñecementos no noso test olímpico.