As Tanxugueiras cantarán o Himno no regreso da selección galega de fútbol
22 de maio de 2024 (16:35 h.)
A recoñecida banda galega estará presente no partido da Irmandiña que terá lugar o vindeiro 31 de maio.
A través dun vídeo nas redes sociais da Real Federación Galega de Fútbol, as Tanxugueiras anunciaron que estarán presentes no partido que a Irmadiña disputará contra Panamá o próximo 31 de maio, no cal interpretarán o himno da Galiza.