Vero Boquete di que a súa exclusión da selección estatal non se debe a "motivos deportivos"

Vero Boquete (Compostela, 1987) afirmaba que ve difícil voltar a xogar na selección española mentres siga Jorge Vilda ao fronte, nunhas declaracións que fixo á TVG .

A futbolista compostelá non comparte a decisión do adestrador e cre que a súa exclusión non se debe a motivos deportivos. Porén, Boquete non fecha a porta á selección estatal, a que considera “o máximo a nivel deportivo”.

 

Vero Boquete, referente do fútbol español nos últimos anos, é subcampioa de Europa co PSG e foi máxima goleadora do combinado na fase de grupos con oito tantos. Actualmente é xogadora do París Saint-Germain.