O 1% da poboación máis rica acapara a metade da riqueza mundial

Un estudio de Intermon Oxfan alerta de que a desigualdade afondou a ritmo de vertixe nestes anos. E fan súa unha frase de Louis Brandeis, que fora membro do Tribunal Supremo dos EUA, “podemos ter democracia ou podemos ter a riqueza concentrada en poucas mans, mais non podemos ter ambas”.

O 1% da poboación máis rica acapara a metade da riqueza mundial. As 85 persoas máis ricas do mundo teñen tantos cartos como 3.570 millóns de pobres. @s 20 máis ric@s do Estado español igualan os ingresos do 20% da poboación máis pobre. Estes son algúns dos dados recollidos no informe 'Gobernar para as elites. Secuestro democrático e desigualdade económica' que elaborou Intermon Oxfan.

En Europa, os ingresos conxuntos das 10 persoas máis ricas superan o custo total dos estímulos aplicados na UE entre 2008 e 2010: 217.000 millóns de euros fronte a 200.000.

O estudio analiza, en base a datos oficias, como durante estes anos houbo unha inxente concentración de recursos económicos en cada vez menos mans. E iso, apuntan, representa “un gran risco para os sistemas políticos e económicos inclusivos”. Así, engaden, sete de cada dez persoas viven en estados onde nestes 30 anos agrandouse a desigualdade económica. Un exemplo é Estados Unidos: “o 1% máis rico acumulou o 95% do medre total posterior á crise desde 2009, mentres que o 90% máis pobre da poboación empobreceuse aínda máis”.

Por que?

Esta ONG apunta que "Que non se fixese recaer o esforzo económico para encarar a crise en quen ten máis recursos, xunto coa impunidade con que se tratou aos responsábeis da desfeita financeira, e a falla dunha actuación clara e contundente contra unha corrupción cuxas evidencias se multiplican día a día, inocula unha tensión insoportábel na sociedade”.

As elites "están a secuestrar o poder político para manipular as reglas do xogo económico"

Entre as propostas de Oxfan a raíz dos datos do iunforme, pide que os países se comprometan a non utilizar paraísos fiscais para evadir impostos, que non se empregue a riqueza económica para obter favores políticos, que os investimentos sexan públicos y que se destine a recadación fiscal para proporcionar á cidadanía sanidade, educación y protecións sociais.