6.000 persoas afectadas polas preferentes reclaman solucións na Coruña

Seis mil persoas, segundo a organización, exixiron xustiza e responsabilidades pola estafa das preferentes

Máis de seis mil persoas participaron hoxe na manifestación para reclamar solucións polas participacións preferentes das caixas galegas. Autocares de todos os puntos do país chegaron ao longo da mañá no que xa é a maior concentración das vítimas desta estafa. A partir das 12 horas ocuparon as rúas onde están as sedes da Subdelegación do Goberno, o Novagalicia Banco e o Banco de España. Polo camiño escoitáronse consignas como "non máis corralito" e outras con alusións directas a Núñez Feijóo e os responsábeis das entidades bancarias. Entre os participantes estaba Francisco Jorquera, candidato do BNG á Xunta, que solicitou do goberno central a actuación da Fiscalía Xeral do Estado así como a creación de comisións de investigación. Tamén fixo declaracións aos medios o socialista José Luís Méndez Romeu que remitiu a Núñez Feijóo a responsabilidade "de estar de lado dos cidadáns".

 A Asociación Galega de Afectados por productos financeiros constituída recentemente será recibida polo fiscal xefe de Galiza


Castellano e chourizos
A marcha finalizou no Obelisco da Coruña onde Teresa Moure e Miguel Pernas leron un manifesto. Despois algunhas das persoas continuaron até a Praza de Azcarga, onde está situado o domicilio de José María Castellano, o presidente da entidade bancaria ao que afecatdos e afectadas demandan os seus aforros. Neste lugar queren rematar "comendo un bocadillo de chourizo" en alusión o propio directivo.
A Asociación Galega de Afectados por productos financeiros constituíuse recentemente, e será recibida a principios da próxima semana, polo fiscal xefe de Galiza, Carlos Varela, para tratar toda a problemática derivada das preferentes.