A crise deixa pegada na AP-9, con mínimos históricos de tráfico

O tráfico na autoestrada AP-9 caeu un 5,5 por cento con respecto a 2011. Desde 2007 vai encadeando descenso de vehículos que circulan por ela

O tráfico na  AP-9, a autoesdtrada que percorre Galiza de norta a sur, desde Ferrol ata a fronteira con Portugal, caeu no primeiro mes do ano un 5,5 por cento, un descenso a engadir aos que vén rexistrando de xeito consecutivo desde 2007.

Así, dos 24.711 vehículos que, de media, circulaban polla AP-9, en xaneiro deste ano este índice baixou ata os 20.667 coches.

Segundo os datos do Ministerio de Fomento sobre o tráfico en autoestradas de titularidade do Estado, recollidos por Europa Press, esta autoestrada perdeu tráfico de forma consecutiva dende 2007, cando circulaban de media 27.029 vehículos de media segundo o índice de intensidade media diaria (IMD).

Dende 1990, agás os descensos consecutivos de 2008, 2009, 2010 e 2011, é dicir, nos anos centrais da crise económica, só se producira nunha ocasión un descenso de viaxes, foi no ano 1992 con respecto a 1991, cando a AP-9 perdeu un 6 por cento do tráfico.