Unha adega da Rioxa obtén 21% euros das axudas á reestruturación do viñedo en Galiza

A Consellaría de Medio Rural publico  o  9 de xaneiro, a listaxe de persoas e empresas beneficiarias das últimas axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galiza. Neste sentido, e como informan en Campo Galego, dende o Sindicato Labrego Galego advirten que “dos 726.400 euros que se repartiron entre os 62 plans aprobados, unha adega da Rioxa, Ramón Bilbao, beneficiada con 156.706 euros, quedou con 21% do orzamento”.

 

Mais a cousa non fica aquí como contan no mencionado portal: “Se imos ampliando o podio, seguen aparecendo grandes adegas con grandes subvencións. Así, só as cinco primeiras coparon 60% dos cartos. Ademais de Ramón Bilbao, e por orde: Agrícola Anmar (Martín Códax), con 94.941 euros; Terras Gauda, con 61.907 euros; Virxe de Galir, con 74.753 euros; e González Byass, de Xerez (Cádiz), con 51.115 euros”.

 

 Desde o Sindicato Labrego lamentan que as axudas á reestruturación estean deseñadas para beneficiar grandes adegas e que, por motivo das esixencias, exclúen as pequenas explotacións vitivinícolas”.