Amancio Ortega percibirá este ano 1.256 millóns de euros por dividendos de Inditex

Amancio Ortega

Esta terza feira ingresa 628 millóns.

Amancio Ortega ingresa esta terza feira 628 millóns de euros por dividendos de Inditex. É a primeira das dúas retribucións que o fundador e primeiro accionista de Inditex perceberá este ano por ese mesmo concepto. En total, 1.256 millóns de euros, o que supón 148 millóns máis que no exercicio anterior, 2016, cando se meteu no peto 1.108 millóns de euros.

O consello de administración de Inditex proporá á xunta xeral, que terá lugar en xullo, o pagamento dun dividendo de 0,68 euros por acción; o que supón un 13.3% superior á de 2016. Desa cifra, 0,34 páganse esta terza feira e o resto, outros 34 céntimos, en novembro.

Amancio Ortega é o primeiro accionista da empresa, cunha participacióndo 59,3%. A súa filla Sandra Ortega posúe o 5,05% do xigante textil, polo que vai cobrar neste 2017 por volta de 107 millóns de euros.

Inditex rexistrou un beneficio neto de 3.157 millóns de euros entre o 1 de febreiro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2017.  Un 10% de incremento a respecto do ano anterior.