Audiencia Nacional imputa Fernández Ordóñez, ex-gobernador do Banco de España, polo caso Bankia

Banco de España (Madrid)

Cita como investigados MAFO e o ex-presidente da Comisión nacional do mercado de valores, Julio Segura, entre outros. 

Audiencia Nacional ordenou ao xuíz Fernando Andreu, que instrúe o caso Bankia, qie cite a declarar como investigados (antes imputados) os responsábeis do Banco de España e da Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) que tiña baixo a súa competencia a supervisión de BFA-Bankia no momento a súa constitución e posterior saída a bolsa, entre eles o exgobernador do Banco de España Miguel Ángel Fernández Ordoñez (MAFO)  e o expresidente da CNMV Julio Segura. Tamén pide que se cite ao que foi subgobernador  do Banco de España e exresponsábel da comisión reguladora Fernando Restoy.

Nun auto dado a coñecer esta segunda feira os maxistrados admiten parcialmente un recurso contra o auto do xuíz instrutor que rexeitou a práctica dunha serie de dilixencias solicitadas no marco da investigación pola saída a bolsa da entidade financeira.

Ademais dos anteriormente citados, a AN pide tamén que se cite aos responsábeis do Banco de España Pedro Comín, Mariano Herrera García-Cantauri, Pedro González, Jerónimo Martínez Tello e Javier Arístegui.