Bankia sabía en outubro que tiña problemas
As sorpresas en Bankia non deixan de aparecer. O Consello de administración realizado onte do Banco Financiero y de Ahorro (BFA), principal entidade do grupo, descubriu que as contas non cadraban na etapa de Rato como presidente. A auditora Deloitte, no mes de outubro de 2011, xa avisara dos problemas financeiros e non asinaron o fechamento das contas que ao final Bankia vendeu mesmo cuns lucros de 40,9 millóns de euros. Agora as contas son outras e o BFA admitiu recentemente que fechara 2011 con 3.318 millóns de euros en negativo.
Deloitte non quixo asinar as contas de 2011
Mudanza de auditores
O Consello de administración de Bankia non ficou moi conforme coas explicacións do representante da auditoria Deloitte e xa encargou novos informes á empresa Ernst & Young. Hai que ter en conta que esta valoración vai ser a que entre en xogo a porcentaxe de capital que terá o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB).