O BNG solicitará no Congreso que a UE deixe de prexudicar as conservas galegas

Olaia Fernández Davila

Fernández Davila pide que o Goberno central anule a exención de aranceis ao atún filipino, que así benefíciase dunha “competencia desleal” grazas a unha decisión da Comisión Europea.

 

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou ao Goberno central que faga as xestións oportunas ante a UE para que "se anule a exención de aranceis" ás conservas de atún procedentes de Filipinas polos "graves efectos económicos que esta medida terá no sector conserveiro galego".

Así, segundo adianta a axencia Europa Press, o demanda a deputada nacionalista nunha iniciativa rexistrada na Cámara baixa, na que Davila explica que, desde Nadal, Filipinas pode enviar ao mercado europeo unha lista de máis de 6.000 produtos libres de aranceis, despois de que a Comisión Europea decidise conceder a este país unha serie de vantaxes comerciais.

Tras denunciar que isto é "competencia desleal", a representante do BNG advertiu ao Goberno español dos "efectos negativos" sobre a produción de conserva galega que "terá que traballar nun mercado en condicións de clara desvantaxe" xa que "as regras do xogo non son as mesmas para todos".