Centos de persoas, máis unha vez, na defensa dunha solución para Alcoa

Mobilización anterior por Alcoa, en Viveiro
Por volta de mil persoas mobilizáronse en San Cibrao para exixiren a continuidade da factoría e dos seus postos de traballo

Case mil persoas se manifestaron esta quinta na Mariña na defensa dunha solución que garanta a continuidade da actividade da factoría na comarca e dos seus postos de traballo. Un dos obxectivos da mobilización era exixir unha tarifa eléctrica competitiva, petición que levan meses demandando na empresa e no cadro de persoal.

Na mobilización tomaron parte, alén de sindicatos, representantes de diferentes formacións políticas, nomeadamente o BNG.

Na mobilización tamén se procedeu ao corte do tráfico rodado durante uns minutos, para chamar a atención sobre a difícil situación desta factoría de aluminio, que dá emprego directo a 2.000 persoas e xera unha terza parte do PIB da provincia de Lugo.

O BNG pediu esta mesma semana unha reunión urxente da deputación permanente do Parlamento galego para tomar unha postura fixa sobre Alcoa.