Compostela toma o relevo a Lugo na campaña dos gandeiros contra a multinacional gala Lactalis

Imaxe: Campo Galego

Retiran produtos da marca dos lineais dun centros comercial de Santiago e piden aos consumidores que non mercan os seus produtos. “Destrúe o sector leiteiro”, afirman. Vídeo no interior

Santiago colleu o relevo de Lugo como cidade elexida por gandeiros galegos para manter o seu boicote a multinacional gala Lactalis, primeira recolledora de Leite en Galiza. Convocados por Unións Agrarias, unha trintena de produtores citáronse nun Alcampo compostelán. Alí informaron os consumdiores dos motivos do seu protesto e convidáronlles a non mercar marcas da multinacional francesa, como son Puleva, RAM e President, así como queixos como El Ventero ou Gran Capitán.

Os produtores accederon á superficie comercial, onde procederon a retirar dos lineais os produtores de Lactalis. Tamén puxeron colantes sobre outros, coa frase “Esta marca engánate e destrúe o sector lácteo. Non a merques”.

Estas mobilizacións responden a dous motivos. Por unha banda, denunciar o que consideran que é unha “apropiación indebida” por parte de Lactalis de 2 millóns de euros procedentes da distribución e que son para os produtores. Por outra, pedir a mellora dos contratos, que non reflicten nos prezos as melloras de cotizacións.

Vídeo e imaxes de Campo Galego