As construtoras do suposto desvío de fondos do AVE a Murcia combinaron unha coartada para enganar a Facenda

Un aspecto das obras do AVE

Juan Ortin Garcia, propietario de Obras Marimar, é un dos imputados que colabora na investigación. Identifica como autoras da suposta fraude ás empresas Dragados, Acciona e a galega San José Construccións.

Juan Ortin García, un dos imputados que colabora coa Garda Civil na súa calidade de arrepentido, declarou que houbo un pacto entre as empresas subcontratistas e o resto das constructoras para enganar a Facenda. Ortin Garcia recoñeceu o desvío fraudulento duns 20 millóns de euros por obra facturada que nunca chegou a realizarse. As empresas ás que identifica como responsables son: Dragados, Acciona e San José Construccións. 

Obras Marimar tivo un papel importante na coartada. Foi subcontratada polas grandes empresas adxudicatarias das liñas do AVE e a responsábel de apresentar as facturas dos arranxos. Segundo a Garda Civil, a empresa fíxose con 7 millóns de euros dos máis de 17 millóns que se supón que desviaron do orzamento orixinal de ADIF, duns 62 millóns de euros. 

Jose Manuel Fernández Pujante, un enxeñeiro do Xuzgado de Augas de Orihuela que acabou en prisión acusado de branqueamento, falsificación de documentación e fraude a Facenda, asegura que Ortin García lle contou que “falara cos diferentes xefes de obra das empresas adxudicatarias do AVE nos tramos investigados para apoiar unha versión por se esas empresas eran requiridas pola inspección de Facenda".