A reestruturación bancaria varreu en Galiza co 30% dos empregos nas entidades financeiras

Nova Galicia Banco

De 2008 a principios de 2016 tiveron que bvotar o fechamento perto de 800 sucursais no noso país.

O anuncio do Banco Popular de que ía proceder a un 'reaxuste' no seu cadro persoal que implicaba o despedimento de 450 empregados na Galiza e o fechamento de perto de 300 sucursais en todo o Estado volve traer a primeira plana o impacto nos propios traballadores das entidades financeiras da vertixe que se viveu en caixas e bancos durante estes anos da crise. Un fenómeno, porén, que en Galiza bate co aumento paulatino de depósitos e aforro por parte dos galegos: cando máis aforramos coincide coa época de menor oferta bancaria e menor número de emrpegados neste sector, e de oficinas no noso país.

En 2008 había en Galiza algo máis de 20.000 persoas traballando no sector das entidades financeiras. Esa cifra, a principios de 2016, non sobrepasaba os 14.000, o que supón 6.000 postos de traballo menos. Perdeuse nestes anos de crise o 30% dos empregos no sector. Unha tesoirada que non acaba agora. O mencionado anuncio do Popular e os plans do BBVA de fechamento de oficinas poden seguir a profundizar nesa liña.

Nestes anos perdeuse o 30% dos empregos e, ademais, tiveron que pechar o 32% das sucursais que había en Galiza, Eran unhas 2.500 no 2008 e non chegan a 1.700 nos comezos de 2016. Son 700 oficinas menos. Co impacto que iso supón nun país cunha poboación tan diseminada como é o noso.