A débeda medra e medra malia á 'austeridade'

Un billón de euros debe o Estado español, o que o PP intenta promocionar como “adelgazamento” pero que no fondo agocha a que moit@s consideran unha das grandes mentiras do momento: unha débeda en constante crecemento e ilexítima cos donos do capitalismo mundial,

En xuño, repescando ese costume que ten o poder de que as cousas pasen cando menos xente se decate, coñeceuse o dato, terríbel, da débeda pública do Estado español, seguramente o quid da cuestión, ou cando menos un deles, non menor aínda que as elites se refuxien nas dificultades populares -cada vez menores- para entender conceptos económicos que antes gardaban para eles, mais que agora xa están na rúa. Nas que se fala de débeda ilexítima. De auditoría. Mesmo de non pagar.

O dato de xuño, esa era a cuestión. O Reino de España superou a barreira histórica do billón de euros de débeda. As Administracións están atadas a bancos, inversores e especulación variada de todo o mundo por un valor que case se triplicou ao longo desta longa crise: o pasivo situábase en 382.307 millóns de euros ao acabar 2007. Seis anos e medio despois, con dúas recesións ás costas e unha suposta política de “austeridade” (ou sexa, recortar servizos sociais), case seis millóns de parad@s, non moi lonxe dos 300.000 en Galiza, e un rescate á banca, o lastre xa alcanza os 1.007.319 millóns de euros, segundo os datos que fixo públicos o Banco de España, en agosto, non vaia ser.  

Toda a información sobre este asunto no nº 111 de Sermos Galiza, disponíbel xa na nosa loxa e nos quiosques do país