A débeda pública galega sitúase en máximos históricos: ascende a 13.083 millóns de euros

O presidente Alfonso Rueda e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento no debate do teito de gasto. (Foto: Arxina)
Son datos que vén de publicar o Banco de España correspondentes ao mes de xuño.

A débeda da Galiza sitúase en 13.083 millóns de euros no primeiro semestre de 2024 e bate todas as marcas da serie histórica, segundo os datos publicados esta segunda feira polo Banco de España.

Ao cabo do primeiro trimestre, a Galiza tiña unha débeda de 12.397 millóns de euros, o que supuña un 16% do PIB e unha débeda per cápita de 4.580 euros.

Esa cifra, a primeira de referencia do ano en curso, superaba en 227 millóns a débeda coa que a Galiza fechou 2023: 12.170 millóns de euros, a máis alta das rexistradas até entón. Hoxe, a diferenza increméntase até os 913 millóns. Ao remate do ano pasado a débeda pública representaba 16,1 do PIB galego e unha débeda per cápita de 4.496 euros.

15 anos de débeda

A débeda pública galega tense incrementado en 8.216 millóns de euros desde o ano 2009. Se á volta do primeiro trimestre desa anualidade sumaba 3.954 millóns e equivalía a 6,8% do produto interior bruto (PIB) da Galiza, a finais de xuño de 2023, último mes con cifras, chegaba a 12.170 millóns de euros, representando 17,4% do PIB.

[EN AMPLIACIÓN]