Descende o paro rexistrado en marzo, pero menos que nese mes do ano anterior

Baixou o mes pasado en 3.816 persoas, a maioría delas (2.770) no sector servizos, e polo factor da Semana Santa. En marzo de 2015 o descenso fora de 5.412 persoas.

O paro rexistrado baixou na Galiza en 3.816 persoas no mes de marzo, situándose en 231.797, un descenso que responde en gran medida ao factor do turismo e hostalaría da man da Semana Santa. Desas 3.816 persoas que deixaron as listaxes do desemprego, 2.770 corresponden a servizos, por 464 da construción, 76 na Industria e 251 no agro. En marzo de 2015, ese descenso no desemprego rexistrado foi maior, con 5.412 persoas que abandonaron o paro.

O paro baixou nestes 12 meses en 22.419 persoas, mais a afiliación á Seguridade Social aumentou só en 17.487, o que supón unha diferencia de 5.000 persoas. Xente que optou por emigrar ou sacarse das listas

Se de febreiro a marzo esa baixada foi de 3.816 persoas, a variación interanual foi de 22.419, un 8,07%. Porén, nese mesmo período, a afiliación á Seguridade Social aumentou só en 17.487 persoas, o que supón case 5.000 persoas de diferencia. Así pois, o descenso do paro non implica que se cree o mesmo nivel de traballo. A emigración é un factor quer axuda a explicar esta fenda.

Contratos

En marzo asináronse 67.364 contratdos, dos que só m6.176 eran indefinidos, sendo o resto (61.188), temporais. Isto é, só un 9,1% dos contratos non son temporais, o que se enmarca na liña que sitíua a Galiza entre os países, canda Polonia, de Europa con maior índice de temporalidade.

No mes de marzo asináronse un total de 67.188 contratos. Porén, só se produciron 5.012 altas na Seguridade Social. Isto evidencia, afirma a CIG, por unha banda, a baixísima duración dos contratos e, pola outra, que moitas destas persoas xa non estaban rexistradas no Servizo Galego de Colocación, porque o paro só descendeu en 3.400 persoas.

Ademáis, das 231.797 persoas no desemprego rexistrado, máis da metade (118.097) non perceben prestacións por desemprego.