As empresas galegas na lista de morosos adebedan a Facenda perto de 200 millóns de euros

Cristóbal Montoro, ministro de Facenda

O Ministerio de Facenda publicou por segunda vez a listaxe de grandes morosos, aqueles contribuíntes que teñen débedas e sancións, a 31 de decembro de 2015, de máis dun millón de euros. Figuran nomes coñecidos, como o futbolista Dani Alves, o piloto de motos Dani Pedrosa, Mario Conde, a comunidade de Murcia... Son 4.768 nomes de empresas e particulares que adebedan a Facenda, en total, uns 15.700 millóns de euros.

Tamén hai empresas galegas nesa listaxe. Por volta de medio cento, segunda o reconto feito por Economía Digital. Entre todas suman unhas débedas con Facenda de perto de 200 millóns de euros. A principal, a construtora Martinsa Fadesa, con 65,4 millóns de euros; seguida de Biocarburantes de Gaicia (case 15 millóns) e Freiremar, con 5,7 millóns de euros. Desta nova listaxe, lembra ED, saen empresas como Pescanova mais seguen nela algunhas das súas filiais.