Ence gaña 26,5 millóns no segundo trimestre

O complexo industrial de Ence, en Lourizán, na Ría de Pontevedra. (Foto: Europa Press)

Ence Enerxía e Celulosa obtivo un beneficio neto de 26,5 millóns de euros no primeiro semestre do ano, fronte ás perdas de 4,2 millóns de euros no mesmo período do exercicio anterior, impulsado pola mellora do prezo da celulosa e a redución de custos nos seus negocios de Celulosa e Enerxías Renovables, informou a compañía.

O resultado bruto de explotación (Ebitda) do grupo papeleiro e enerxético situouse a peche do primeiro semestre de 2024 nos 100,9 millóns de euros, cun incremento de 54,3% fronte aos 65,4 millóns de euros de hai un ano.

O importe neto da cifra de negocios de alcanzou os 448,5 millóns de euros de xaneiro a xuño, cunha caída de 2,3% con respecto ao primeiro semestre de 2023.

No segundo trimestre as ganancias netas de Ence ascenderon a 23,1 millóns de euros, fronte ás perdas de 16,8 millóns de euros no mesmo período do ano pasado, mentres que o Ebitda situouse entre abril e xuño case nos 61 millóns de euros, 85% máis que o trimestre anterior e cinco veces máis que no mesmo período de 2023. Así mesmo, o fluxo de caixa libre consolidado alcanzou os 24 millóns de euros no trimestre.

Os produtos 'premium' do grupo -a gama 'Ence Advanced'-, como Powercell ou Naturcell, con maior marxe, continuaron pola súa parte gañando cota de mercado no período, representando así no segundo trimestre 28% das vendas de celulosa, fronte a 19% no mesmo período de 2023.

Ademais, o grupo presidido por Ignacio Colmenares destacou que o forte crecemento da demanda de celulosa continuou impulsando o seu prezo bruto en Europa até alcanzar os 1.440 dólares por tonelada en xuño o que, unido á nova regulación de Renovables, "permite esperar unha forte xeración de caixa no terceiro trimestre".

Así mesmo, o prezo neto de venda de Ence alcanzo os 728 euros netos por tonelada no segundo trimestre, 21% superior ao do trimestre anterior e un 26% superior ao do mesmo período de 2023.