Escotet releva Javier Etcheverría na presidencia de Abanca

Escotet e Feijóo

Até agora era o vicepresidente da entidade financeira, que vén de realizar xunta xeral de accionistas.

O ata agora vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, relevará a Javier Etcheverría na presidencia da entidade financeira. Así se anunciou esta segunda feira na  xunta xeral de accionistas de Abanca. Etcheverría retírase e o novo presidente da entidade xa anunciou que ía propoñer ao consello de administración que o nomeasen presidente de honra.

 

A xunta de accionistas convocouse para aprobar as c0ontas de 2016 e o reparto de 315 millóns de euros en dividendo. Abanca fechou 2016 cuns beneficios que superaban os 333 millóns de euros, o que supón un incremento de 1,1% a respecto do exercicio anterior, 2015.

 

O grupo Banesco, presidido por Escotet, comprou en decembro de 2013 Novagalicia Banco, unha adquisición na que desembolsou 1.003 millóns de euros, cantidade que xa pagou ao Frob. No resgate e fusión das caixas galegas investíronse máis de 9.000 millóns de euros de diñeiro público.