O FROB cifra en 116.000 @s afectad@s polas preferentes, e faltan por devolver 200 millóns

Manifestación preferentes Pontevedra [Imaxe: @ponteinfo]

A coordinadora de prexudicad@s polo calote bancario denuncia que "os datos reais son máis sangrantes do que pensabamos, que xa era abondo".

Un informe do Fondo de Restruturación Ordenada Bancaria (FROB) eleva a 116.000 o total de afectad@s por preferentes e subordinadas en Galiza fronte á cifra de 80.000 que se estimaba existente, e falta por devolver "uns 200 millóns" dese diñeiro, segundo informou Xesús Domínguez, representante da coordinadora das plataformas galegas de prexudicad@s.

 Así, Domínguez remitiuse a un informe do FROB do mes de xaneiro para denunciar que "os datos que se manexaban son aínda máis sangrantes, pois non eran 80.000 @s afectad@s, senón que o FROB fala de 116.600 persoas estafadas polas caixas de aforro de Galicia". Após destacar que o 99,6 por cento das sentenzas son favorables aos prexudicados, Domínguez sinalou que "aínda quedan máis de 20.000" afectados sen recuperar os seus aforros e "máis de 200 millóns de euros por devolver os seus lexítimos donos".

Deste modo, os afectados recuperaron uns 1.400 millóns de euros e espera que cando se resolvan todas as demandas se cheguen ata os 1.600 millóns recuperados -dos cales 496 millóns se correspondense cos procesos de arbitraxe- se ben o diñeiro estafado ascende a "1.831 millóns", xa que existen cantidades correspondentes a intereses que apuntan que se perderon nos diversos mecanismos polos que se reintegrou o diñeiro.