O FROB detecta operacións irregulares por 2.600 millóns de euros nas entidades rescatadas

Luis de Guindos

É o montante do quebranto económico das 23 operacións irregulares enviadas a Fiscalía (7 delas de Novacaixagalicia).

 

O ministro de Economía afirmou esta terza feira que o FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria) detectou nas entidades nas que participa operacións irregulares por un importe de 2.600 millóns de euros. O 17 de outubro o FROB enviou a Fiscalía Anti-corrupción para a súa investigación 23 operacións irregulares, das cales 7 correspondían a Novacaixagalicia, por un prexuizo económico de 1.500 millóns de euros.

Durante a súa comparecencia na Comisión de Economía Luis de Guindos adiantou que o importe destas operacións, após o análise dos informes, elevaba o quebranto a 2.600 millóns de euros.Estas operacións irregulares concéntranse no sector inmob iliario e nos anos do ‘boom’ do tixolo.