O FROB detecta operacións irregulares en Novacaixagalicia por valor de 600 millóns

Protestas contra NCG

Sete informes remitidos á Fiscalía sen detallar advirten de posíbeis corrupcións nas antigas caixas galegas, onde a CIG xa chamou a atención sobre movementos sospeitosos de Méndez para favorecer á súa familia.  

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) enviou á Fiscalía un total de 23 informes con operacións irregulares detectadas na antiga Novacaixagalicia (NCG) e tamén en Catalunya Caixa (CX) que suman un prexuízo económico de 1.500 millóns de euros.

Segundo o FROB, la maioría das operacións sospeitosas tiveron lugar entre 2005 e 2008, das que sete, que se coñezan por esta fonte, corresponden a NCG, por valor de 600 millóns de euros.

A operativa analizada destes expedientes baséase en operacións de financiamento para a compra de inmobles ou participacións. Hai tres semanas, o sindicato nacionalista CIG denunciou que a muller do ex-director xeral José Luis Méndez comprou grazas á entidade vivendas por valor moi inferior ao seu real.

Fontes do Goberno central -moi implicado por vía partidaria dos escándalos financeiros do Estado, como os de NCG ou Caja Madrid- aseguran que están a investigar outras posíbeis irregularidades nas entidades.