O FROB detecta posíbeis operacións irregulares en Novacaixagalicia por importe de 170 millóns de euros

O Fondo de reestruturación ordenada bancaria envía á Fiscalía estas 4 operacións, que se suman a outros 9 expedientes.

Suma e segue na conta de presuntas irregularidades derivadas da fusión das caixas galegas. Agora son 4 as posíbeis operacións irregulares cometidas pola Novacaixagalicia, cifra que engadir aos outros 9 expedientes remitidos á Fiscalía. O Frob calcula o prexuizo destas 4 operacións en 170 millóns de euros, unha cantidade que engadir aos 810 millóns das outras 9. En total, por volta de 1.000 millóns de euros.

Nesta caso semella que estas operacións están relacionadas co financiamento e refinanciamento para adquisición de inmóbeis ou participacións en sociedades, renegociacións de empréstitos con redución de garantías, operacións de cancelación de débedas.. En xeral, operacións que deron lugar a importantes perdas para as entidades e presentan indicios de irregularidade.