SECTOR LáCTEO

Fruga denuncia a “lei da selva” que arruína produtores e dá beneficios millonarios a certas industrias

Leite

 

A crise de baixada de prezos que padece o sector lácteo galego non está somentes, explica a Federación Rural Galega (Fruga), a poñer en risco a supervivencia de centos de explotacións leiteiras de Galiza, senón que mentres iso acontece hai que “aproveita” a situación “co fin de obter maiores beneficios a costa de afogar economicamente os produtores de leite galegos”.

A Fruga lembra que actualmente pártese dun prezo base, asignado nos contratos lácteos “que as empresas elaboran de forma unilateral, sen que o sector produtor poida decir nada”. Neses contratos fíxanse os parámetros do denominado ‘leite tipo’ e que regulan a cobro de primas a a partir das distintas porcentaxes de materia graxa e materia proteica. Pois bem, a Federación afirma que hai empresas e industrias que desenvolven certas prácticas no pagamento que lle permiten gañar por volta de medio millón de euros anuais, cartos que non abonan aos produtores.

“En materia de prezos, os abusos da industria chegan nalgún caso, a pagar prezos de 0,17 euros, prezos que baixo nengún concepto cubren os custes de producción, e supoñen importantes perdas para as explotacións leiteiras galegas. Toda esta serie de prácticas abusivas por parte da industria, producense nun momento de indefensión total dos gandeiros galegos, non existe nengún tipo de organo interprofesional capaz de establecer unhas relacións comerciales xustas entre a industria e os gandeiros”.